Os traballadores de Urbaser concentráronse en varios concellos galegos nun acto de solidariedade cos seus compañeiros de Lugo. En Redondela máis dunha vintena de traballadores de Urbaser quixeron apoiar os seus compañeiros ó tempo que denunciaron as condicións que está a impoñer a empresa concesionaria.  Critican a actitude da empresa no conflito de Lugo e temen que se poida estender ó servizo de recollida do lixo que xestionan noutras cidades.