Celebrada xa a 7ª edición da carreira popular Concello de Redondela só se pode mencionar o gran éxito de participación e organización por parte do Club de Atletismo de Redondela C.A.R. Todo foi como o establecido pola organización e pasados algúns minutos das 11 da mañá dábase o pitido de saída por parte do Concelleiro de Deportes Jesús Crespo. Os primeiros en cruzar a meta fixérono trascorridos os vinte minutos dende que se dera a saída.