Manuel acaba de emprender unha dura loita, el sabe que non é por el é por todas esas que mañá ou pasado poden quedar na rúa, sen recursos.
Manuel é un veciño de Redondela, nacido en Reboreda, un mecánico axustador do naval galego, ex-sindicalista de Vulcano que hoxe loita por seguir adiante. Leva xa mais de 3 días en folga de fame e durmindo nos soportais do Concello de Redondela, porque o INEM decidiu embargarlle parte dos 4 meses de paro por unha axuda familiar xa cobrada. Ten pendente de pago 2 meses de aluger da súa casa e vai á rúa mañá. Recolle algunhas aportacións de xente que se achega e pretende botarlle unha man. El apunta, porque quere devolver todo, anque non llo queiran.