O Club de remo de Chapela ten xa todo preparado para a XXVIII Bandeira Concello de Redondela, na rolda de prensa ofrecida onte o presidente do Club de remo Julio Prado destacou a gran importancia do público para animar a embarcación redondelá. Aínda que o gran obxectivo deste ano e non descender Julio Prado é optimista para poder estar nos postos de arriba nesta Bandeira que se celebra en Chapela. O evento deportivo é o domingo 2o de xullo ás 12h.