Moitos profesionais sanitarios galegos traballan en África en zonas con risco de contaxio do ébola. É o caso dunha pediatra de Redondela que en setembro viaxará ao Senegal, a unha vila próxima a Guinea. Non oculta a súa preocupación polo andazo, e cuestiona que non se tomasen medidas preventivas moito antes. Pilar Martínez é membro da ONG Da Man e desenvolve o seu traballo no leste do Senegal, nunha zona lindeira con Guinea, onde se detectou o primeiro caso. Prepara o regreso para finais de setembro e non oculta a súa preocupación, aínda que no seu destino non houbo casos ata agora.