Os veciños de Chapela, en Redondela, pídenlle ao Concello que investigue a orixe da contaminación da praia de Arealonga. Tamén queren que se indique claramente o estado da auga, xa que ata hai escasos días a bandeira amarela que indica precaución non ondeaba no areal. Aínda que a bandeira marela que ondea desde os primeiros días de agosto na praia, son numerosos os bañistas de Arealonga, na parroquia redondelá de Chapela.  Dende a asociación de veciños consideran que o goberno local anunciou moi tarde que non se recomenda o baño nestas augas cando xa había un aviso da consellería.