Os veciños da Portela, en Redondela, queren que se prohiba o tráfico de camións entre as súas casas. Din que son vías estreitas onde non hai beirarrúas e está próximo un parque infantil. Ademais, nos últimos días un tráiler derrubou unha árbore e o incidente reavivou esta antiga petición. O tráfico procedente dunhas naves industriais utiliza esta vía na Portela, en Redondela, para incorporarse á estrada xeral en direción Pontevedra e O Porriño. Coches e camións de grande tonelaxe pasan entre as casas dos veciños e a carón dun parque infantil.