Este Venres celébrase o 1 Trofeo Concello de Redondela de ciclismo, un circuíto no centro da vila no que dará comezo as 16h. Jesús Crespo Concelleiro de Deportes e Marcos Serrano Director Técnico da Escola de Ciclismo de Redondela foron os encargados de presentar o Trofeo ante a prensa. Para Serrano é un privilexio poder organizar o evento en Redondela xa que para el é voltar a lembrar os seus inicios de cando corría este tipo de eventos na vila organizados polo xa desaparecido equipo Redociclo. Máis de 250 rapaces participarán no Trofeo.