Un ano máis e xa van XVII Redondela celebrou o seu Entroido de Verán, como non podía ser menos en calquera festa que se celebre na vila, milleiros de persoas asistiron ao que posiblemente sexa a festa máis multitudinaria de Redondela. O bo tempo fixo que dende primeiras horas da mañá xa houbera xente disfrazada pola rúas agardando o momento clave deste Entroido, o concerto de Soraya.