Redondela promociona o Choco e a enseada de San Simón a través das prazas de Abastos. A semana pasada tivo presentación dun novo proxecto chamado Comprázeme no que o Concello trata de dinamizar os Mercados Municipais. Na presentación Ana Alonso concelleira de Desenvolvemento Local explicou a importancia deste proxecto.