Un camión quedou calcinado nunha nave de Redondela. O incendio iniciouse pouco despois de aparcar o vehículo dedicado ao transporte de produtos alimentarios. No momento dos feitos había outros tres camións e unha furgoneta no almacén pero os bombeiros conseguiron que o lume non se estendera. Non houbo que lamentar danos persoais pero si materiais. Varios vehículos quedaron danados polo fume e o cableado eléctrico da nave, queimado. A investigacion está aberta pero a orixe do lume puido estar nun fallo eléctrico no camión incendiado.