O redondelá David Álvarez ben de gañar o Gran Premio Eincheon de Corea, facendo unha similitude sería como gañar o Gran Premio de Fórmula Un en España. Este mozo deportista que acada moreas de premios nacionais e internacionais chegou ao deporte de moto náutica case de casualidade e hoxe en día é un dos mellores pilotos que existen na súa modalidade.