Tras unha modificación dende o goberno galego do servizo regulador de cobro nos taxis o goberno local non tivo máis remedio que modificar o regulamento local de cobro nos taxistas no Concello de Redondela. Tras varias reunións por parte do goberno local cos taxistas o edil de tráfico Arturo González expuxo no pleno unha nova modificación para sometela a votación.