O pasado sábado 18 de outubro celebrouse no museo de Rande a primeira festa de interpretación da Batalla de Rande. Centos foron as persoas que se achegaron ata as proximidades do Museo para presenciar o evento e o propio museo. Dende as 16h deron comezo as interpretacións tanto dentro do museo como fora. Embarcacións de época, príncipes, raíñas, cobradores de impostos, postos de artesanía etc foi o que se puido ver no día da Batalla de Rande.