O Parlamento Galego aprobou hoxe por unanimidade unha proposta para esixir que a Unión Europea non prohiba a arte de pesca do xeito. O sector volveu esta tarde ás mobilizacións. Os mariñeiros concentráronse no porto da Illa de Arousa para reclamar que lles permitan seguir empregando esta arte de pesca tradicional e que a Unión Europea pretende prohibir xunto ás redes de deriva. Cren que o descoñecemento do sector por parte das institucións comunitarias pode levar por diante unha das artes máis antigas de cantas se empregan nas nosas costas.