“A Feixa ” máis coñecida como a fervenza de Redondela está aberta ao público pata todo aquel que a queira ir a visitar. Os veciños de Reboreda viñan demandando dende hai tempo a recuperación deste sitio espectacular situado practicamente no centro da vila. O Concello de Redondela rehabilitou esta zona cunha  pasarela de madeira para poder contemplar o salto da auga dende o máis alto.