En Redondela están conmocionados pola morte do seu veciño cando escalaba o pico Aneto. Rafael Abeijón, de 42 anos, caeu dende unha altura de 200 metros. O corpo foi rescatado pola Garda Civil. Consternación en Rande, na parroquia redondelá de Cedeira de onde era o montañeiro que perdeu a vida cando escalaba o pico do Aneto en Huesca. Rafael Abeijón de 42 anos de idade era moi coñecido pola súa afición ós deportes de aventura e tamén o motociclismo.