A Garda Civil detivo nas últimas horas un veciño de Soutomaior de 51 anos por un presunto intento de homicidio. O detido botoulle gasolina a outro home e ameazou con queimalo.  A agresión produciuse no interior dunha cafetería de Arcade e foron os propios clientes os que evitaron que a vítima fose queimada.Os dous homes comezaron a discutir nesta rúa Roxelio Landeiro de Arcade por unha cuestión sentimental, e continuaron a conversa no interior desta cafetería.
Foi entón cando o detido de 51 anos regou con gasolina a vítima e ameazouno con queimalo, algo que non chegou a suceder grazas á mediación de clientes e camareiros. Apenas houbo testemuñas, só os clientes do bar.