Erminda Quelle concelleira de Participación Cidadá destacou o impulso da Asociación de Empresarios de Redondela xa que eventos como este da un impulso á Vila. O Concello un ano máis colabora coa Asociación, este ano o seu aporte é o broche á noite de Samaín cunha “Queimada Máxica” que terá lugar na praza da Casa da Torre se o tempo o permite, onde se repartirá queimada entre os asistentes.