A Policía Nacional busca os presuntos autores dun roubo nunha casa en Redondela. Accederon ao interior da vivenda a través dunha ventá, revolveron todo e levaron cartos e todas as xoias que atoparon. Horas despois houbo un intento de roubo noutra vivenda de mesmo concello. Os feitos ocorreron nunha vivenda da parroquia redondelá de Quintela mentres os seus propietarios non estaban no interior. Foi nun pequeno espazo de tempo en que se ausentaron posto que sempre hai alguén no interior. Accederon a través dunha ventá que tiveron que rebentar. Levaron as xoias e os cartos. Os propietarios da vivenda puxeron unha denuncia na Policía Nacional e estiveron ao longo da mañá tomando pegadas. Os ladróns fuxiron por outra ventá, neste caso a da cociña. A Policía Nacional investiga a posible relación que podería ter este roubo co intento de entrar noutra casa no Viso, en Redondela. Fuxiron ao ser sorprendidos por uns viandantes.