O espectáculo músico-teatral “Música ligera”, de Manuel Manquiña e Tony Lomba, pechará a edición do festival Outonoteatro 2014. Tony Lomba e Manuel Manquiña uníronse nun espectáculo musical para reinventar a cultura urbana contemporánea e convidarnos a viaxar á España dos setenta, un país namorado das “suecas”, de Benidorm e da música melódica. Sábado 8 de novembro no Multiusos da Xunqueira ás 20h