O Redondela Fútbol Sala acadou un empate no partido disputado o sábado na “Bomboneira”. Un partido en principio moi igualado xa que se enfrontaban o actual campión da pasada tempada o Talleres ABC Vigo FS. Julio Mougán adestrador do Redondela coñecedor moi ben do equipo rival apostou unha vez máis pola estratexia de porteiro xogador que esta vez si que sacou proveito.