No pleno extraordinario celebrado esta semana no Concello de Redondela presentouse un medida para abaratar os pagamentos dos recibos do I.B.I. A proposta foi presentada polo Partido Popular e apoiada polo PSOE e BNG e a abstención do grupo AER. Os grupos da oposición cualificaron a medida de electoralista por levar esta proposta a falta de pouco tempo para as eleccións.