O Redondela F.S ten que saír ao campo moito máis centrado de como saíron a semana pasada. Esta semana reciben ao Leis Marcón un equipo en principio inferior en canto a calidade de xogo. Álvaro Gil xogador do equipo redondelá coméntanos que o equipo ten que saír o campo moi centrado para que non ocorra o da semana pasada, onde a falta de intensidade case lles leva a perder o encontro.