Está detida, a muller que raptara o seu fillo dunha casa de acollida de Redondela en 2011. Arrestárona nun control habitual en Palencia. Levaba en busca e captura desde que levara o seu fillo, de ano e medio, dunha casa de aldeas infantís. Segundo varios diarios, Emilia xa fora identificada este verán en Palencia e ingresada nun centro penal de Salamanca á espera de xuízo. A súa parella no momento dos feitos xa cumpre nove anos e medio de prisión por estes mesmos feitos.