Tres novos casos de pedradas na AP-9 á altura de Vigo e Redondela causan alarma entre os condutores. Os últimos casos tiveron lugar onte e as vítimas foron unha moto, un autocar de estudantes e un coche. Os tres recibiron o impacto das pedras despois de que o domingo pasado outras catro persoas denunciaran feitos coma este. O dispositivo policial para localizar os autores continúa operativo