A primeira moción levada a pleno do mes de novembro foi presentada polo Consello Parroquial do Viso, a moción ten que ver voa mellora vial da estrada da Teixeira. Esta estrada comunica a Redondela coa parroquia do Viso así como a diversas parroquias do Concello de Soutomaior e Arcade, é unha estrada moi transitada na que os coches pasan moitas das veces a gran velocidade. Os veciños que residen nesa zona demandan ao Concello unha mellora da seguridade vial.