Unha das zonas de crecemento en número de habitantes de Redondela é a zona situada nos Eidos, unha demanda de xente fai que esa zona sexa unha das máis habitadas ultimamente, a recente obra da estación do Ave forma parte do crecemento. Dende o B.N.G solicitan ao Concello que se arranxe todo tipo de material estragado e demande aos donos dos solares baleiros a que o teñan en condicións.