Na tarde de onte inaugurouse no Multiusos da Xunqueira o Belén solidario. Un traballo realizado polo artista local José Carlos Otero o nacemento ocupa 18 metros cadrados e está composto por máis de 100 figuras das cales 80 teñen mobilidade. O traballo está aberto ao público dentro dos horarios do Multiusos da Xunqueira, a entrada é de balde e o recadado será entregado á O.N.G Cáritas de Redondela.