José Carlos Otero é un persoa moi inquieta, así é como se identifica o autor deste impresionante belén que se inaugurou onte no Multiusos da Xunqueira e que estará aberto ao público en horario do Multiusios da Xunqueira. Todo comezou cando naceu o meu primeiro fillo, neste intre fixen un belén na casa, co nacemento do segundo fillo fun avanzando no deseño do belén ata chegar a hoxe en día. José Carlos conta con 10 primeiros premios en deseño de beléns e ten exposto en Vigo e Pontevedra, e como é nativo de Redondela faltáballe a vila para completar o ciclo de exposicións. Todo o recadado na visita ó belén será doado á O.N.G Cáritas de Redondela.