O C.D. Choco non pasou do empate esta semana na casa fronte o Ribadeo. Aínda que o equipo local foi claro dominador do encontro o Ribadeo púxollo tan complicado que non foron capaces de gañar o encontro. O Choco comezou gañando o encontro pero o Ribadeo lonxe de dar o partido por perdido aproveitou moi ben as escasas ocasións de gol e foi quen de remontar o encontro poñéndose por diante no marcador 1-2. A falta de poucos minutos para rematar o encontro os choqueiros empataron o partido que apiques estiveron de perdelo.