En Redondela, tras varias horas de busca, atoparon o corpo sen vida da muller de 79 anos que desparecera o domingo pasado. Máis sorte correu a familia dun home de Vigo que desaparecera hai catro días e que foi localizado san e salvo nas últimas horas en Pontevedra. O corpo da muller de 79 anos estaba preto dunhas veigas da súa propiedade, onda o río Louro,a moi pouca distancia da súa casa. A muller saíra da vivenda á primeira hora da tarde, pero non conseguiron localizala ata a madrugada.