Coa chegada do nadal as actividades culturais chegan á Vila nesta ocasión ben apoiada por TokApp School. As actividades foron presentadas pola Concelleira de Servicios Sociais Teresa París. As actividades terán lugar o vindeiro venres día 26 en horario de tarde de 16:00 a 21:30 e os días 27 e 28 de 11:00 a 14:00 e 16:00 a 21:30. O prezo da entrada é de 2 euros. No caso de achegar un produto non perecedeiro ou un xoguete pagarase só un euro. O obxectivo é reunir alimentos que se doarán a Cáritas Redondela.