Un ano máis e como xa é tradición as súas maxestades os Reis Magos de Oriente fixeron parada en Redondela para agasallar aos nenos e nenas de Redondela. Apenas estiveron unhas horas xa que era unha das noites de máis traballo do ano, aínda así recibiron a todos os nenos e nenas que agardaban tempo facendo cola no Concello de Redondela.