A Conselleira de Medio Ambiente Ethel Vázquez visitou Redondela e achegouse ata a coñecida ” Ponte dos Pasais” onde en breve comezarán as obras de ampliación da mesma. Cun orzamento de 150.000 euros, a Ponte estará operativa antes do remate da primavera . O alcalde de Redondela Javier Bas comentou que as obras son de suma importancia para asegurar o tránsito dos peóns.