Volta a Rede de Músicas Soltas a Redondela, unha cita mensual coas mellores músicas populares contemporáneas galegas e peninsulares, nun programa regular para presentar os traballos de artistas en activo. A Rede pretende ser un escaparate para o público ver nun palco achegado e en acústico a presentación dos últimos discos de Eliseo Parra, Guadi Galego, Celina da Piedade, Alba María, Narf trio ou Alejandro Vargas. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón da vila dos viaductos.