Celina da Piedade actuará mañán sábado en Redondela dentro do ciclo de Rede de Músicas Soltas que organiza a Concellería de Cultura de Redondela .Celina da Piedade é acordeonista e cantora aos 6 anos de idade deu o seu primeiro concerto desde entón esta polifacética muller non parou de medrar ó redor da música. O concerto terá lugar ás 21:00 horas no Centro Recreativo de Redondela, o prezo da entrada é de 4 €.