A quen non lle gustan as fotos antigas da xente, das vilas… é unha das mellores maneiras de ver a súa transformación e a súa historia recente. E así o pensaron en Redondela. O Concello puxo en marcha a creación dun arquivo fotográfico da vila e de todo o concello para o que precisa da colaboración dos veciños. Piden a todos que acheguen fotos antigas e películas de cine en super-8 e outros formatos. E co material que xunten queren organizar unha exposición e por suposto conservar a memoria audiovisual da vila