Morreu aos 88 anos o enxeñeiro italiano Fabrizio de Miranda. A moitos non nos soa de nada ata que sabemos que ten moito que ver coas nosas vidas: foi quen deseñou a ponte de Rande. Foi un dos seus grandes deseños e este tipo de ponte con tirantes acabou sendo case a súa firma. Miranda deseñouna en 1972 entre os concellos de Redondela e Moaña. Empezou a funcionar, sobre a ría de Vigo, en 1981 e era a ponte tensa máis longa do mundo. A súa construción materializou unha idea que nacera no Vigo de 1920 e que apoiaron máis tarde Antonio Palacios e Xerardo Campos.