O C.D. Choco acadou esta semana unha importante vitoria fora da casa no campo do Areas. Aínda así os xogadores de Jacobo Montes sufriron máis do esperado para levar os tres puntos. Un gol pola mínima, pero o máis importante é permanecer unha semana máis nos postos importantes da clasificación.