O Redondela F.S acadou un empate a catro tantos fronte ao Luar. Nun principio o partido apuntaba superioridade para os de Redondela non só por equipo se non por resultados ata o que vai de liga. Os xogadores de Julio Mougan non daban atopado a concentración e a poucos minutos do final o Redondela F.S ía por debaixo no marcador.