Hai muíños de vento e muíños que funcionan coas mareas, capaces de producir enerxía a través dos movementos periódicos do mar. Pois ben, coa tecnoloxía do século XXI e 100% galega, dúas empresas únense para construír a primeira plataforma flotante que xera electricidade coa forza das mareas. Nas bancadas deste estaleiro vigués toma forma o soño dunha empresa de Redondela. Construtores e enxeñeiros que hai sete anos emprenderon o reto de crear un ‘trimarán’, unha plataforma móbil destinada a producir enerxía verde procedente dunha fonte inesgotable, as mareas.