O sábado pasado xogouse en Redondela un dos derbis máis atractivos do deporte redondelá. O Campito chegaba á “Bomboneira” con gañas de revancha e así foi. Comezaba o encontro e en apenas dez minutos os locais xa perdían por dous goles a cero. Aínda que os de Mougán resucitaron na segunda parte non foron quen de gañar o partido.