A TVG continuará esta semana achegándose ao ambiente, ás persoas, ao ritmo e ao cheiro das rúas galegas co programa “Un nome, unha rúa”, que hoxe fará parada en Redondela, unha vila que foi máis mariñeira en tempos, coas fachadas das casas asomadas ao río Aldevosa para ver chegar os botes e barcas a remo ou a vela. Esta fachada -na actualidade as rúas Ribeira e Xeneral Rubín- é precisamente a que esta noite percorrerá Sergio Pazos: a antiga estrada nacional a Pontevedra que hoxe circunvala a vila, pero que antes pasaba polo medio. En Redondela, o presentador de “Un nome, unha rúa” afondará na técnica de “terraceo” propia: o “sucursaling”, practicado por moitos traballadores e veciños da rúa