Nun bar de Cesantes, en Redondela, validouse unha quiniela con 14 acertos. O afortunado levará un premio de máis de 165.000 euros. Pero como adoita acontecer nestes casos non hai rastro da persoa que fixo eses 14 acertos.  No establecemento aínda non poñen nome ao dono do boleto, xa que se pode tratar dun cliente de paso. “A Quiniela é do domingo día 15 de febreiro e foron 166.343 eurose é de 14 acertos, non houbo ningún de 15 e estamos moi contentos”. “Temos moita clientela do pobo pero a parte, como estamos na carreteira N.550, hai moitos clientes de paso e non temos nin idea”. A propietaria asegura que é a primeira vez que dan un premio coma este dende que tomou as rendas do negocio e que os clientes amósanse curiosos por saber quen é o gañador. “Todo o mundo quere saber a quen lle tocou, si é coñecido ou se non, pero a verdade é que non sabemos nada”. En total, rexistráronse sete acertantes de catorce en toda España.