Redondela queimou onte a noite o tradicional Meco este ano adicado á a violencia de xénero. sobre as 20 h o grupo de Troula Teatro saía dende a Praza da Farola nun espectáculo de lume , pirotecnia e malabares ata chegar a Praza do Concello onde o Meco esperaba para ser queimado. Ao son de “Lume Lume” prendíaselle fogo á violencia de xénero que apenas durou uns minutos. Redondela despedíase asi do entroido ata unha nova edición no Entroido de Verán.