O Multiusos da Xunqueira acolle novamente as actividades culturais, e faino da man de Narf Trío.Grupo que explora a poesía de Rosalía de Castro dunha forma innovadora. A actuación terá lugar este sábado ás 21:00 horas. O prezo da entrada única é de 4 €, e pódense mercar dende hoxe no multiúsos da Xunqueira, e dúas horas antes o mesmo día do concerto.