Os mariñeiros de Cesantes, en Redondela, denuncian unha vaga de roubos no porto. O obxectivo principal dos ladróns é o combustible, pero tamén rouban aparellos e material de pesca. Nunha soa noite forzaron os depósitos de 37 embarcacións. Os mariñeiros piden máis vixilancia. O último roubo tivo lugar no club náutico Illa de San Simón. Os ladróns roubaron un kaiak que gardaban xunto ao material deportivo na zona do varadoiro. Os usuarios e mariñeiros do porto de Cesantes en Redondela levan tres meses denunciando roubos nas súas embarcacións. Os ladróns levan sobre todo combustible, nunha soa noite forzaron os depósitos de 37 embarcacións. Os mariñeiros din que a falta de iluminación do recinto portuario facilita os roubos que sempre se producen durante a noite. Os mariñeiros dín que a situación é insostible e piden que se incremente a vixilancia na zona.