Novo acto de vandalismo na AP-9: outra vez pedradas desde unha ponte. Outro condutor denunciaba hoxe que lle quindaron unha pedra dende unha ponte sobre a autoestrada, en Redondela, dende a pasarela peonil da zona da Chapela. Foi a plena luz do día, polo que o condutor explicou que puido ver perfectamente como dous mozos que estaban sobre a ponte, lle arrebolaban algo que intentou esquivar. Pero a pedra impactou rompendo a fiestra traseira. Co impacto, o turismo case bate co gardarraís. Malia que non sufriu danos físicos, o prexudicado pide responsabilidade e máis control.