A Garda Civil detivo un veciño de Redondela por furtar un vehículo na Zona Franca de Vigo. As forzas da orde buscan ademais outra persoa que fuxiu cun segundo coche subtraído no mesmo lugar. A detención foi posible grazas á colaboración dos vixilantes de seguridade da Zona Franca. Detectárono circulando a gran velocidade cun Citröen Picasso, e conseguiron interceptalo antes de que saíse do recinto.